O TERROR CÓSMICO, A OBRA DE H.P. LOVECRAFT
GALEGO: Introducinme no mundo lovecraftiano hai relativamente pouco, logo de ter lido moitas novelas e relatos de terror, e o efecto que as súas historias tiveron en min non deixan de abraiarme. Non se pode dicir que sexa unha persoa especialmente sensíbel ás situacións arrepiantes na literatura, custa un pouco meterme o medo no corpo, e só dous autores conseguiron que agardase un pouco para coller coraxe e apagar a luz da mesiña de noite, Clive Barker e o extraordinario Howard Phillips Lovecraft. Coido que antes de mergullarnos nos seus relatos cómpre facer unha paradiña e analizar o seu pensamento, xa que está inevitablemente ligado a súa obra. A ideoloxía do autor non esta exenta de polémica, el mesmo expuxo públicamente o seu apoio a ideas totalitarias e conservadoras moi próximas ao fascismo, con evidentes trazos clasistas e racistas, que xustificaba co desprezo a todo aquel que non tivese certa formación educativa e pensamento crítico. Lovecraft era un ateo e ra...