"Under the lilacs", de Louise M. Alcott. A raíña da literatura infantil.

Galego:

Louise M. Alcott é unha desas escritoras imposibles de obviar cando falamos de literatura infantil e xuvenil. Algúnhas das súas obras ("Mullerciñas", "Aquelas mullerciñas") son enormemente coñecidas e foron levadas ao cinema con notable éxito. No caso de "Mullerciñas', temos unha nova versión cinematográfica dirixida por Greta Gerwig, que volve a poñer de moda á sempre presente Alcott. 

No entanto, hai algunhas novelas menos coñecidas desta ilustre escritora que merecen ser mencionadas. Entre elas está 'Under the lilacs", editada en español como "Bajo las lilas" e da que non atopei traducción ao galego por ser unha obra bastante difícil de conseguir. 

Trátase dunha novela que vai na liña da obra máis coñecida de Louise M. Alcott. Unha literatura lixeira, dirixida a un público xuvenil, aínda que quizáis neste caso a novela está indicada para unha franxa de idade menor. Mentres que noutras historias de Alcott, o amor adolescente é un piar fundamental da narración, "Under the lilacs" preséntanos a uns protagonistas que non superan a máis tenra infancia, cuxos problemas e aventuras son os propios da nenez. 

A autora ofrécenos unha historia con un trasfondo tráxico (un protagonista orfo que chega ao pobo fuxindo dunha vida penosa no circo), pero cun desenvolvemento no que as peripecias dos rapaces nos fan ter un sorriso permanente e que nos leva a un final feliz. 

Non é unha gran novela (dende logo non das mellores de Alcott), pero en conxunto podemos calificala de aceptable e, dende logo, interesante como lectura para os nosos pequenos. 


Español:

Louise M. Alcott es una de esas escritoras imposibles de obviar cuando hablamos de literatura infantil y juvenil. Algunas de sus obras ("Mujercitas", "Aquellas Mujercitas") son enormemente conocidas y fueron llevadas al cine con notable éxito. En el caso de "Mujercitas", tenemos una nueva versión cinematográfica dirigida por Greta Gerwig, que vuelve a poner de moda a la siempre presente Alcott.

Sin embargo, hai algunas novelas menos conocidas de esta ilustre escritora que merecen ser mencionadas. Entre ellas está "Under the lilacs", editada en español como "Bajo las lilas", y bastante difícil de conseguir fuera de las librerías de segunda mano.

Se trata de una novela que va en en línea cun la obra más conocida de Louise M. Alcott. Una literatura ligera, dirigida a un público juvenil, aunque quizás en este caso la novela está indicada para unha franja de edad menor. Mientras que en otras historias de Alcott el amor adolescente es uno de los pilares básicos de la narración, "Under the lilacs" nos presenta imos protagonistas que no superan la más tierna infancia y cuyos problemas y aventuras son los propios de la niñez.

La autora nos ofrece una historia con un trasfondo trágico (un protagonista huérfano que llega al pueblo huyendo de una vida penosa en el circo), pero cun un desarrollo en el que las peripecias de los niños nos hacen tener una sonrisa permanente que nos lleva a un final feliz.

No es una gran novela (desde luego no de las mejores de Alcott) pero en conjunto podemos calificarla de aceptable y, desde luego, interesante como lectura para nuestros pequeños.

Puntuación: 6/10 ⭐⭐⭐⭐⭐⭐

Recomendacións cinéfilas: calquera das adaptacións cinematográficas de "Little women"



Comentarios

Publicacións populares