O TERROR CÓSMICO, A OBRA DE H.P. LOVECRAFT

GALEGO:

Introducinme no mundo lovecraftiano hai relativamente pouco, logo de ter lido moitas novelas e relatos de terror, e o efecto que as súas historias tiveron en min non deixan de abraiarme. Non se pode dicir que sexa unha persoa especialmente sensíbel ás situacións arrepiantes na literatura, custa un pouco meterme o medo no corpo, e só dous autores conseguiron que agardase un pouco para coller coraxe e apagar a luz da mesiña de noite, Clive Barker e o extraordinario Howard Phillips Lovecraft.

Coido que antes de mergullarnos nos seus relatos cómpre  facer unha paradiña e analizar o seu pensamento, xa que está inevitablemente ligado a súa obra. A ideoloxía do autor non esta exenta de polémica, el mesmo expuxo públicamente o seu apoio a ideas totalitarias e conservadoras moi próximas ao fascismo, con evidentes trazos clasistas e racistas, que xustificaba co desprezo a todo aquel que non tivese certa formación educativa e pensamento crítico. Lovecraft era un ateo e racionalista cunha visión pesimista da sociedade, que se refuxiou na literatura fantástica para crear un mundo no que se sentise máis cómodo, pero na contra de crear unha utopía este decantouse por un escenario lóbrego e destructivo no que tan só uns poucos son capaces de recoñecer a ameaza e tentar facerlle fronte. Dun lado sitúa aos que teñen o coñecemento, os protagonistas das súas historias, que tentan combatir o mal; do outro lado os supersticiosos e ignorantes, que acompañan ao antagonista.

Trátase dun terror "científico", un revulsivo que favoreceu o auxe da ciencia ficción, buscando o misterio máis alá da relixión e do misticismo. Aquí non hai espíritos malignos aos que combater coa fe, todo se reduce a unha realidade que permanece en segredo para o conxunto da humanidade, e que tan só se revela aos desafortunados protagonistas dos seus relatos a traves do seus coñecementos. Esta realidade é tan antiga coma a existencia do propio planeta, é o medo ao descoñecido que habita no universo, ao único capaz de por en xaque a supervivencia da nosa especie sen tan sequera ofrecernos unha mínima posibilidade para combatela. O pesadelo lovecraftiano está ligado á auga, ten lugar en ambientes húmidos, no mar, no xeo, pero sempre con este elemento como fío conector entre o protagonista e o monstro. Non deixa de ser o universo un inmenso mar no que navegar? Escuro e inhóspito coma os soños, outro dos recursos máis habituais nos relatos de Lovecraft no que os diversos seres que habitan o descoñecido poden comunicarse con nós a través da oníria. 

É a mitoloxía deste autor unha reinterpretación do horror gótico de bruxas, pantasmas e demos, pero transformado para un presente no que a ciencia viña preparada para sustituír a superstición. Recupera os bestiarios medievais para manter vivo o xénero malia a ondada de racionalismo, gañando a batalla. O medo xa non procede do inframundo, agora chega dende as estrelas, nace o terror cósmico.

Como escenario da meirande parte das súas historias, Nova Inglaterra. Unha rexión cultural, económica e natural dos Estados Unidos idónea para o transcurso das historia deste xénero. Tamén os lugares que permanecen inexplorados, coma a Antártida, as profundidades mariñas e o espazo exterior. Lovecraft é a transición, o inicio dun novo camiño para o terror sobrenatural.

Hoxe somos quen de atopar a súa obra en practicamente todas as librarías do noso país, con traducións ao galego grazas a Editora Urco, e con fermosas reedicións ilustradas en lingua española, coma as de Alma Editorial, polo que non temos ningunha excusa para non atrevernos con este xenio da literatura. Como recomendación persoal, dádelle a primeira oportunidade cos relatos "A Chamada de Cthulhu" ou "A sombra sobre Innsmouth", unha introdución ao compendio de seres fabulosos lovecraftianos a través do icónico e poderoso Cthulhu, alieníxena converxencia dun dragón, un polbo e un humano; o terrorífico Dagon ou o séquito de grotescos humanoides das profundidades mariña. Como contrapunto á maldade propia destes entes, os intelixentes "Antigos" presentes na novela curta "Nas montañas da tolemia", os primeiros habitantes do noso planeta chegados do espacio exterior, e vítimas dos ciclópeos individuos sobrenaturais que nomeamos con anterioridade. A relación destes entes está recollida no "Necronomicón", un falso grimorio elaborado por Lovecraft e adxudicado a un suposto pensador árabe chamado Abdul Alhazred. Gran parte destes relatos están enmarcados no ciclo dos Mitos de Cthulhu, e adoitan estar recopilados baixo este título, pero a obra de Lovecraft é moi extensa e variada, polo que recomendo aforrar un pouco e mercar as coleccións con todas as súas obras, dispoñíbeis en galego (Editora Urco) ou en español (Editorial Valdemar)

Non podemos esquecernos do denominado Círculo de  Lovecraft, un movemento literario que seguiu o  subxénero creado por este mestre do horror. Era a chamada weird fiction publicada nas revistas pulp, con nomes tan coñecidos coma os de Robert E.  Howard ( Conan o Bárbaro,  Solomon  Kane), Robert  Bloch (Psicose, O Morador das Tebras) ou  August  Derleth ( Cultes des  Goules, Fragmentos de  Celaeno)

Atrévete a mirar máis aló... Tamén no cinema! Non son poucas as adaptacións ao cinema dos relatos de  Lovecraft, e como non, estou encantado de compartir convosco algúns dos mellores e máis coñecidos exemplos. A máis recente é "Color Out of Space" (Richard  Stanley, 2019) baseada no relato homónimo e protagonizada por Nicolas Cage e Joely Richardson. Unha exquisita mestura de body horror, comedia e ciencia ficción na que Cage, interpretando a un pai de familia, debe afrontar unha serie de grotescas situacións provocadas trala caída dun estraño obxecto procedente do espazo que emitía un fedor espantoso e unha fermosa e enmeigante luz cunha cor non identificada. Unha brillante e tola adaptación, e para a min a mellor. 

Quen non coñece a  icónica "Re- Animator" (Stuart Gordon, 1985)? Exactamente, falamos dun clásico dos 80 e unha das moitas adaptacións que Stuart Gordon fixo dos relatos do autor de Providence. Unha homenaxe ao cinema de serie B cunha especie de Frankenstein moderno moito máis gore e moito máis desequilibrado. Desmembramentos, cadáveres, nudismo e sangue, moito sangue.

E tamén temos unha versión española do universo de  Lovecraft, como non, e ademais transcorre na chuviosa Costa da Morte galega, topónimo moi apropiado. "Dagon: A Seita do Mar" (Stuart Gordon, 2001) na que a vila galega ficticia de Imboca (Combarro) substitúe á localidade  de Innsmouth en Nova Inglaterra coma o maligno lugar controlado polos espantosos seres que adoran ao temible Dagon. Rituais pagáns nunha Galiza terrorífica. 

Por último nomear á rareza de Andrew Leman, "The Call Of Cthulhu" (2005). O director quixo desafiar ao tempo e traernos á actualidade o que tería sido unha adaptación fílmica do relato estrela de  Lovecraft nos mesmos anos da súa creación. Expresionismo en branco e negro nunha película muda cargada de imaxes sinistras e terroríficas. 

Esperemos que nos cheguen moitas adaptacións máis, e que xunto aos numerosos escritores amantes do autor sigan ampliando este fantástico universo. 

"Os homes de máis ampla mentalidade saben que non hai unha distinción clara entre o real e o irreal; que todas as cousas semellan o que parecen só en virtude dos delicados instrumentos psíquicos e mentais de cada individuo, grazas aos cales chegamos a coñecelos; mais o prosaico materialismo da maioría condena como tolemia os destellos de clarividencia que traspasan o veo común do claro empirismo". 

H.P. LOVECRAFT

ESPAÑOL: 

Me sumergí en el mundo lovecraftiano de manera reciente, después de haber leído muchas novelas y relatos de terror, y el efecto que sus historias tuvieron en mí no dejan de asombrarme. No se puede decir que sea una persona especialmente sensible a las situaciones espantosas en la literatura, cuesta un poco asustarme, y solo dos autores consiguieron que aguantase la respiración y encontrar el coraje para apagar la luz de la mesilla de noche, Clive Barker y el extraordinario Howard Phillips Lovecraft.

Antes de introducirnos de lleno en sus relatos es necesario recalar en el autor y analizar su pensamiento, ya que este está inevitablemente ligado a su obra. La ideología del autor no esta exenta de polémica, él mismo expuso de manera pública su apoyo a ideas totalitarias y conservadoras muy próximas al fascismo, con evidentes trazos clasistas y racistas, que justificaba con el desprecio a todo aquel que no tuviera cierta formación educativa y gozase de pensamiento crítico.  Lovecraft era un ateo y racionalista con una visión pesimista de la sociedad, que se refugió en la literatura fantástica para crear un mundo en el que él se sintiera más cómodo, pero al contrario que la mayoría este no busco crear crear una utopía, y se decantó por un escenario lóbrego y destructivo en el que tan sólo unos pocos son capaces de reconocer la amenaza escondida e intentar hacerle frente. De un lado sitúa a los que tienen el conocimiento, los protagonistas de sus historias, que intentan combatir el mal; al otro lado los  supersticiosos e ignorantes, que acompañan al  antagonista.

Se trata de un terror "científico", un revulsivo que favoreció el auge ciencia ficción, buscando el misterio más allá de la religión y del misticismo. Aquí no hay espíritus  malignos a los que combatir con la fe, todo se reduce a una realidad que permanece en secreto para el conjunto de la humanidad, y que tan sólo se revela a los desafortunados protagonistas de sus relatos a través de sus conocimientos. Esta realidad es tan antigua como la existencia del propio planeta, es el miedo a lo desconocido, a lo que habita en el universo, a lo único capaz de poner en jaque la supervivencia de nuestra especie sin tan siquiera ofrecernos una mínima posibilidad para detenerlo. La pesadilla lovecraftiana está ligada al agua, tiene lugar en ambientes húmedos, en el mar, en el hielo, pero siempre con este elemento como el hilo conector que une al protagonista y el monstruo. ¿No es el universo un inmenso mar en el que navegar? Oscuro e inhóspito como los sueños, otro de los recursos más habituales en los relatos de Lovecraft, en el que los diversos seres que habitan lo desconocido pueden comunicarse con nosotros a través de la oniria. 

Es la mitología de este autor una reinterpretación del horror gótico de brujas, fantasmas y demonios, pero transformado para un presente en el que la ciencia venía preparada a sustituír a la superstición. Recupera los bestiarios medievales para mantener vivo el género, a pesar del oleaje de racionalismo, ganando la batalla. El miedo ya no procede del inframundo, ahora llega desde las estrellas, nace el terror cósmico.

Como escenario de la mayor parte de sus historias, Nueva Inglaterra. Una región cultural, económica y natural de los Estados Unidos idónea para el transcurso de las historia de este género. También los lugares que permanecen  inexplorados, como la Antártida, las profundidades marinas y el espacio exterior.  Lovecraft es la transición, el inicio de un nuevo camino para el terror sobrenatural.

Hoy somos quien de encontrar su obra en prácticamente todas las librerías de nuestro país, con traducciones al gallego gracias a la Editora Urco, y con hermosas reediciones ilustradas en lengua española, como las de Alma Editorial, por lo que no hay excusa alguna para no atrevernos con este genio de la literatura. Como recomendación personal lo correcto es darle la primera oportunidad con los relatos "La Llamada de Cthulhu" o "La sombra sobre Innsmouth", una introducción al compendio de seres fabulosos lovecraftianos a través del icónico y poderoso Cthulhu, alienígena convergencia de un dragón, un pulpo y un humano; el terrorífico Dagon o el séquito de grotescos  humanoides de las profundidades del mar. Como contrapunto a la maldad propia de estos entes, los inteligentes "Antiguos" presentes en la novela corta "En las montañas de la locura", los primeros habitantes de nuestro planeta llegados del  espacio exterior, y víctimas de los  ciclópeos ser que nombramos con anterioridad. La relación de estos individuos sobrenaturales está recogida en el "Necronomicón", un falso grimorio elaborado por  Lovecraft y adjudicado a un supuesto pensador árabe llamado Abdul Alhazred. Gran parte de estos relatos están enmarcados en el ciclo de los Mitos de Cthulhu, y suelen estar  recopilados bajo este título, pero la obra de  Lovecraft es muy extensa y variada, por lo que recomiendo ahorrar un poco y comprar las colecciones con todas sus obras, disponibles en gallego (Editora Urco) o en español (Editorial Valdemar)

No podemos olvidarnos del denominado Círculo de Lovecraft, un movimiento literario que siguió el subgénero creado por este maestro del horror. Era la llamada weird fiction publicada en las revistas pulp, con nombres tan conocidos como los de Robert E. Howard (Conan el Bárbaro, Solomon Kane), Robert Bloch (Psicosis, El Morador de las Tinieblas) o August Derleth (Cultes des Goules, Fragmentos de Celaeno)

Atrévete a mirar más allá... También en el cine! No son pocas las adaptaciones al cine de los relatos de Lovecraft, y como no, estoy encantado de compartir con vosotros algunos de los mejores y más conocidos ejemplos. La más reciente es "Color Out of Space" (Richard Stanley, 2019) basada en el relato homónimo y protagonizada por Nicolas Cage y Joely Richardson. Una exquisita mezcla de body horror, comedia y ciencia ficción en la que Cage, interpretando a un padre de familia, debe afrontar una serie de grotescas situaciones provocadas tras la caída de un extraño objeto procedente del espacio que emitía un olor espantoso y una hermosa y hechizante luz con un color no identificado. Una brillante y loca adaptación, y para mi la mejor. 

¿Quién no conoce la icónica "Re-Animator" (Stuart Gordon, 1985)? Exactamente, hablamos de un clásico de los 80 y una de las muchas adaptaciones que Stuart Gordon hizo de los relatos del autor de Providence. Un homenaje al cine de serie B con una especie de Frankenstein moderno mucho más gore y mucho más desequilibrado. Desmembramientos, cadáveres, desnudos y sangre, mucha sangre.

Y también tenemos una versión española del universo de Lovecraft, como no, y además transcurre en la lluviosa Costa da Morte gallega, topónimo muy apropiado. "Dagon: La Secta del Mar" (Stuart Gordon, 2001) en la que el pueblo gallego fictício de Imboca (Combarro) sustituye a la localidad de Innsmouth en Nueva Inglaterra como el maligno lugar controlado por los espantosos seres que adoran al temible Dagon. Rituales paganos en una Galicia terrorífica. 

Por último nombrar a la rareza de Andrew Leman, "The Call Of Cthulhu" (2005). El director quiso desafiar al tiempo y traernos a la actualidad lo que hubiese sido una adaptación fílmica del relato estrella de Lovecraft en los mismos años de su creación. Expresionismo en blanco y negro en una película muda cargada de imágenes siniestras y terroríficas. 

Esperemos que nos lleguen muchas adaptaciones más, y que junto a los numerosos escritores amantes del autor sigan ampliando este fantástico universo. 

"Los hombres de más amplia mentalidad saben que no hay una distinción clara entre lo real y lo irreal; que todas las cosas parecen lo que parecen solo en virtud de los delicados instrumentos psíquicos y mentales de cada individuo, merced a los cuales llegamos a conocerlos; pero el prosaico materialismo de la mayoría condena como locura los destellos de clarividencia que traspasan el velo común del claro empirismo".

H.P. LOVECRAFT


Comentarios

Publicacións populares