"Sete días com Elisa", de Óscar Senra Gómez. Unha aventura no rural galego.


 Uma santa roubada. Um homem preto nu no bosque. Uma amizade. Da mão de Elisa e da sua vizinha Amália vivemos sete intensos dias de delitos e aventuras, separações e encontros.

Esta é a premisa coa que nos seduce "Sete días com Elisa", do escritor Óscar Senra Gómez, autor, entre outros de "Dixie en Wonderland" (2018) ou "A derrota do Scorpio" (2019), ademais de cotradutor de múltiples contos infantís. 

A novela que nos ocupa, "Sete días con Elisa" trata precisamente diso que o título nos suxire: unha semana na vida dunha muller do rural galego, perto de Compostela, xunto a súa veciña e amiga Amália. De súpeto podemos pensar que se trata dunha novela costumista, aínda que as vivencias da nosa protagonista e a súa compañeira nestes sete días pouco teñen de habitual ou cotián. Ben é certo que as peripecias de ambas mulleres van inevitablemente acompañadas ou están inevitablemente comprometidas pola súa traxectoria vital. Mentres Elisa é unha muller culta e libre, Amália está atrapada no convencionalismo social do rural galego e nun matrimonio no que a violencia, en tódalas súas vertentes, é habitual. 

Nestes sete días os personaxes ábrense ao lector como si nos acompañaran (ou as acompañaranos) durante moito máis tempo. Case semella que ao final, o noso coñecemento sobre ambas é moito máis amplo e íntimo do que realmente é. 

Recomendo a lectura desta novela, maxistralmente escrita e presentada nunha fermosa edición de Através Editora

Nota: 8/10 ⭐⭐⭐⭐⭐⭐⭐⭐

Comentarios

Publicacións populares