"La Familia de Pascual Duarte" de Camilo José Cela

GALEGO:

Malia que Camilo José Cela é galego, o feito de ter nacido nunha familia de clase alta e o seu temperán traslado a Madrid conleva a que perviva moi pouco do espírito e carácter que distingue ao pobo galego entre o resto de comunidades peninsulares na súa exitosa carreira como escritor. Resultou ser un polémico gañador do Premio Nobel, tanto pola colaboración na ditadura fascista española como censor, difusor e defensor dos valores reaccionarios como polo seu irreverente comportamento e linguaxe insolente, mais é innegable que o seu control da linguaxe e a forza das descricións que debuxa da natureza humana o fan garante dun recoñecemento internacional que o sitúa como un dos maiores expoñentes da literatura española de tódolos tempos. 

"A familia de Pascual Duarte" é unha obra singular que enlaza a tradición da picaresca española co naturalismo propio do século XIX e a puxante novela social dos anos 30. A trama sitúase na Extremadura rural, rexión que lembraba con saudade outros tempos onde era peza clave do entramado comercial europeo e que a comezos do século XX se atopaba social e económicamente deprimida. Sumida nas tebras da pobreza e da superstición naceu nunha humilde familia o mal fadado Pascual Duarte, un home pretendido pola desgraza que vai dando tombos pola vida encamiñado sen remedio á traxedia. 

As compañeiras e compañeiros de viaxe do protagonista tamén viven resignados ao tremendismo e a un ominoso futuro. Afastándose da evocadora imaxe do rural que se viña dando na literatura europea, Cela perfila unha realidade dura cunha clara mensaxe que cuestiona a anunciada fin da sociedade campesiña, que malvive deteriorada, dando paso a un brillante futuro no ambiente desarrollista e industrial das capitais. E unha fábula dirixida á sociedade española que se gorece aínda no fogar dos seus antepasados a lamber as feridas da Guerra Civil lamentándose da súa existencia, a soñar nun cambio alén dos muros das súas aldeas e vilas sen ser coñecedores que a mudanza ten de pasar polos valores e non polo espacio no que un establece o seu fogar. 

A novela é fría, chea de imaxes violentas que provoca desacougo, unha traxedia grega co sarcasmo da picaresca española. A vida de Pascual Duarte non deixa de ser un simil da historia de España entre o 1880 e o 1940, marcada pola inestabilidade dun pobo que fronte as adversidades sempre escollía o camiño da violencia. 

Cómpre desbotar os prexuízos sen obviar unha postura crítica co autor e desfrutar dunha das novelas máis intensas e brillantes da literatura española contemporánea. 

ESPAÑOL:

A pesar de que Camilo José Cela es gallego, el hecho de haber nacido en una familia de clase alta y su temprano traslado a Madrid conlleva la que perviva muy poco del espíritu y carácter que distingue al pueblo gallego entre el resto de comunidades peninsulares en su exitosa carrera como escritor. Resultó ser un polémico ganador del Premio Nobel, tanto por la colaboración en la dictadura fascista española cómo censor,  difusor y defensor de los valores reaccionarios como por su irreverente comportamiento y lenguaje  insolente, mas es innegable que su control del lenguaje y la fuerza de las descripciones que dibuja de la naturaleza humana lo hacen garantizadora de un reconocimiento internacional que lo sitúa como uno de los mayores exponentes de la literatura española de todos los tiempos. 

"La familia de Pascual Duarte" es una obra singular que enlaza la tradición de la picaresca española con el naturalismo propio del siglo  XIX y la pujante novela social de los años 30. La trama se sitúa en la  Extremadura rural, región que recordaba con desesperanza aquellos tiempos en donde era pieza clave del entramado comercial europeo y que a comienzos del siglo  XX se encontraba social y  económicamente deprimida. Sumida en las tinieblas de la pobreza y de la superstición nació en una humilde familia el desdichado Pascual Duarte, un hombre pretendido por la desgracia que va dando tumbos por la vida encaminado sin remedio a la tragedia. 

Las compañeras y compañeros de viaje del protagonista también viven resignados al  tremendismo y la un  ominoso futuro. Alejándose de la evocadora imagen del rural que se venía dando en la literatura europea, Cela perfila una realidad dura con un claro mensaje que cuestiona el anunciado fin de la sociedad campesina, que  malvive deteriorada, dando paso a un brillante futuro en el ambiente  desarrollista e industrial de las capitales. Y una fábula dirigida a la sociedad española que aún se esconde en el hogar de sus antepasados lamiéndose las heridas de la Guerra Civil lamentándose de su existencia, a soñar en un cambio al otro lado de los muros de sus aldeas y villas sin ser conocedores que el cambio tiene de pasar por los valores y no por el  espacio en el que uno establece su hogar. 

La novela es fría, un montón de imágenes violentas que provocan malestar, una tragedia griega con el sarcasmo de la picaresca española. La vida de Pascual Duarte no deja de ser un simil de la historia de España entre el 1880 y el 1940, marcada por la inestabilidad de un pueblo que frente las adversidades siempre escogía el camino de la violencia. 

Hace falta descartar los perjuicios sin obviar una postura crítica con el autor y disfrutar de una de las novelas más intensas y brillantes de la literatura española contemporánea. 


Comentarios