"La Sombra del Viento" de Carlos Ruíz Zafón

GALEGO: 

A Barcelona gris e derrotada da posguerra agochaba, malia todo, maxia e unha fermosa historia de amor. Carlos Ruiz Zafón cumple co que promete, aventura e fantasía para darlle cor a unha realidade áspera. Tardei en ler esta tetraloxía superventas, e arrepintome de telo feito, porque aínda que non supón nada novo no panorama da literatura contemporánea, trátase dunha novela trepidante que recarga as pilas de calquera lector, cunha extraordinaria capacidade para engatusarte ata engaiolarte.

Pódese escribir sobre a España de comezos do século XX sen falarmos da Guerra Civil e da ditadura franquista? É prácticamente imposíbel, complicando seriamente fuxir desa temática se nos interesamos pola literatura que sitúa o seu escenario en dita época. Tendo en conta isto, Ruíz Zafón foi quen de engadirlle cor e calidez a unha etapa triste xa de seu, cunha historia cargada de boas vibras. 

A familia Sempere é unha familia forte, feliz e chea de valentía, ideais para ser os protagonistas dunha historia de aventuras coma a que se derscribe nas páxinas desta novela, cuns compañeiros de andaduras que nada lle desmerecen. Atrevome a afirmar que a verdadeira xoia da historia é Fermin, unha personaxe que consegue arrincarche un sorriso en cada páxina, imaxe da superación e do optimismo. Como antagonistas temos a propia burguesía e aparello do réxime franquista, que aplican a violencia sen escrúpulos e deseñan un sistema clasista e deprimido. Como contrapunto a esta boa selección de reparto elaborada polo autor está o desacerto de personaxes femininas, secundarias e mellorábleis, moi planas e cheas de prexuízos. Se cadra ter cedido protagonismo a Bea, Nuria ou Penélope tivera sido unha mellor idea na contra de relegalas ao simple interese amoroso dos elementos masculinos. 

A novela vai máis aló da propia historia de amor e intriga, é un manifesto pola liberdade a través do coñecemento, e o arte como maior expoñente da mesma. Nunha época na que o saber ficou fechado ao mundo, coma os libros do extraño Cemiterio dos Libros que se agocha nas ruelas da Barcelona vella, milenaria, agardando o momento ideal para derrubar o imperio da superstición e do medo no que estivemos sumidos 40 anos baixo o xugo do fascismo. 

ESPAÑOL:

La Barcelona gris y derrotada de la posguerra escondía, a pesar de todo, magia y una hermosa historia de amor. Carlos Ruiz  Zafón  cumple con el que promete, aventura y fantasía para colorear una realidad áspera. Retrasé la lectura de esta tetralogía superventas, y francamente, me arrepiento de haberlo hecho, porque aunque no supone nada nuevo en el panorama de la literatura contemporánea, se trata de una novela trepidante que recarga las pilas a cualquiera lector, con una extraordinaria capacidad para  engatusarte hasta enjaularte.

¿Se puede escribir sobre la España de comienzos del siglo  XX sin hablar de la Guerra Civil y de la dictadura franquista? Es prácticamente imposible huir de esa temática si nos interesamos por la literatura que sitúa su escenario en dicha época. Teniendo en cuenta esto, Ruíz  Zafón fue quien de añadirle color y calidez a una etapa triste ya de por sí, con una historia cargada de buenas vibras. 

La familia Sempere es una familia fuerte, feliz y llena de valentía, ideales para ser los protagonistas de una historia de aventuras como la que se plasma en las páginas de esta novela, con unos compañeros de  andaduras que nada les desmerecen. Me atrevo a asegurar que la verdadera joya de la historia es Fermín, un personaje que consigue arrancarte una sonrisa en cada página, imagen de la superación y del optimismo. Como antagonistas tenemos a la propia burguesía y aparato del régimen franquista, que aplican la violencia sin escrúpulos y diseñan un sistema  clasista y deprimido. Como contrapunto de esta buena selección de reparto elaborada por el autor está el desacierto de personajes femeninos, secundarias y mejorables, muy planas y llenas de perjuicios. Quizás tendría que haber cedido protagonismo a Bea, Nuria o  Penélope, siendo esta una mejor idea y no haberlas relegado al simple interés amoroso de los elementos masculinos. 

La novela va más allá de la propia historia de amor e intriga, es un manifiesto por la libertad a través del conocimiento, y el arte como mayor exponente de la misma. En una época en la que el saber quedó cerrado al mundo, como los libros del extraño Cementerio de los Libros que se esconde en los callejones de la Barcelona vieja, milenaria, esperando el momento ideal para derribar el imperio de la  superstición y del miedo en el que estuvimos sumidos 40 años bajo el yugo del fascismo. 



Nota: 8 de 10 ⭐⭐⭐⭐⭐⭐⭐⭐

Comentarios

Publicacións populares