"A Sociedade Literaria e do Pastel de Pel de Pataca de Guernsey" (The Guernsey Literary and Potato Peel Pie Society) de Mary Ann Shaffer

Galego: 

O individualismo non salvou a ninguén. O que un exerce como acto puramente egoísta acaba por afectar ao seu entorno, sexa de xeito positivo ou negativo. A nosa existencia non deixa de ser unha pequena parte dunha extensa rede que conecta espazo e tempo, presente e futuro, aquí e acolá. E diso trata esta novela epistolar, dos pequenos xestos que se van entretecendo para construir unha historia de amor e solidariedade. A fermosura do colectivo, iso é o que leva a nova promesa da literatura Juliet Ashton ata a illa de Guernsey, onde atopa un acubillo para reanudar a súa vida trala traumática experiencia da Segunda Guerra Mundial.  As cartas dun descoñecido despertan en Juliet a interese por descubrir que é "A Sociedade Literaria e do Pastel de Pel de Pataca de Guernsey", como xurdiu e a que se debe o seu nome.  

É unha novela cálida e acolledora, con personaxes sinxelos en ambientes cotiás, unha historia sen moitas pretensións. Como amante da literatura resúltame imposíbel non quedar prendado de inmediato deste relato que idealiza e romantiza a profesión de escritor e a súa relación cos lectores, e que ao mesmo tempo reivindica a fermosura do hábito da lectura como conector da sociedade e elemento revolucionario capaz de transformar e erradicar a inxustiza, aínda que sexa nun espazo íntimo.

Houbo unha época na que os avances tecnolóxicos e sociais convivían co encanto da lentitude, porque non hai nada máis fermoso que a eternidade, e nesta novela todo evoluciona paseniñamente, agardando a nova correspondencia que che conta e che fai sentir novas experiencias, coñecer novas cidades e desfrutar de novas compañías. Como cumio do locus amoenus, a illa de Guernsey, en contraposición á quase inhumana Londres da que tenta fuxir a nosa protagonista.

Esta é unha novela de amor á literatura, á calma, á comunidade.

7/10 ⭐⭐⭐⭐⭐⭐⭐

Español: 

El individualismo no salvó a nadie. El que uno ejerce como acto puramente egoísta acaba por afectar a su entorno, sea de manera positiva o negativa. Nuestra existencia no deja de ser una pequeña parte de una extensa red que conecta espacio y tiempo, presente y futuro. Y de eso trata esta novela  epistolar, de los pequeños gestos que se van entrelazando para  construir una historia de amor y solidaridad. La hermosura del colectivo, eso es lo que lleva la nueva promesa de la literatura  Juliet  Ashton hasta la isla de  Guernsey, donde encuentra un cobijo para  reanudar su vida después de la traumática experiencia de la Segunda Guerra Mundial.  Las cartas de un desconocido despiertan en  Juliet a interés por descubrir que es "La Sociedad Literaria y del Pastel de Piel de Patata de  Guernsey", como surgió y la que se debe su nombre.  

Es una novela cálida y acogedora, con personajes sencillos en ambientes cotidianas, una historia sin muchas pretensiones. Como amante de la literatura me resulta imposible no quedar  prendado de inmediato de este relato que  idealiza y  romantiza la profesión de escritor y su relación con los lectores, y que al mismo tempo reivindica la hermosura del hábito de la lectura como  conector de la sociedad y elemento revolucionaria capaz de transformar y erradicar la injusticia, aunque sea en un espacio íntimo.

Hubo una época en la que los avances tecnológicos y sociales convivían con el encanto de la lentitud, porque no hay nada más hermoso que la eternidad, y en esta novela todo evoluciona poco a poco, esperando la nueva correspondencia que te cuenta y te hace sentir nuevas experiencias, conocer nuevas ciudades y disfrutar de nuevas compañías. Como cumbre del  locus  amoenus, la isla de  Guernsey, en contraposición a la casi inhumana Londres de la que intenta huir nuestra protagonista.

Esta es una novela de amor a la literatura, a la calma, a la comunidad.

7/10⭐⭐⭐⭐⭐⭐⭐

Comentarios

Publicacións populares