" La casa de Riverton" (The House at Riverton), de Kate Morton

Galego: 

Retornamos á Inglaterra dos extensos barrios obreiros cubertos de tisne, das grandes fincas con ostentosas mansións, dos apurados pasos dos criados polas escaleiras das casonas e das suntuosas merendas en louza de porcelana e prata. 

Grace, unha arqueóloga retirada de 98 anos, é entrevistada por Ursula, unha directora de cine interesada na historia do poeta R.S Hunter, que se suicidou no ano 1924 no xardín da fastuosa mansión dos Hartford. É entón cando Grace, que traballou naquela casa como asistenta e tras anos de silencio, decide contar todo o acontecido naquelas catro paredes antes de tan nefasto suceso, disposta a resolver os enigmas e segredos de Riverton Manor.

Os saltos temporais que se suceden ao longo da novela axúdannos a entender o pasado coma unha realidade infinita e descoñecida, incapaz de presentarse dun xeito conciso e esclarecedor. A realidade non é plana, e é só xogando coas perspectivas como consegues construír varias versións alternativas que, coma un quebracabezas, artellan a verdade. 

O relato non só inclúe as vivencias en primeira persoa da espelida criada, senón que a través da súa voz somos coñecedores dos sucesos máis íntimos na vida de Hannah Hartford e da súa irmá pequena Emmeline, acompañadas de recortes de xornais recopilados por Ursula e das gravacións a modo de diario que Grace recollía para entregárllelas ao seu benquerido neto, Marcus. Xunto á historia do poeta e das irmás Hartford tamén se nos dará a coñecer a intensa e sorprendente vida de Grace, que non permanecía allea aos contratempos da casa de Riverton.

Unha época convulsa no que o modo de vida tradicional se desmoronaba e as que ata daquela eran unhas inamovíbeis clases sociais comezaban a ligar as súas vidas. Un interesante boceto da realidade da época que trata de xeito máis profundo a mudanza do papel da muller na sociedade e a ansia de liberdade femenina. 

Valoración positiva merecen as descripcións das paisaxes, as estancias de Riverton ou as festas da clase alta, asi como a realidade da clase obreira. O perfil psicolóxico das protagonistas da historia e a súa evolución e camiño á madurezé parte central do desenvolvemento da historia, que procura ir máis aló das liñas asumidas na tradicional novela romántica. 

Esta é a primera novela da australiana Kate Morton, e dende aquela non fai máis que asegurar adeptos aos seus "best seller" ambientados na noutrora máxica Inglaterra de comezos deo século XX.

Español:

Retornamos a la Inglaterra de los extensos barrios obreros cubiertos de ceniza, de las grandes propiedades con ostentosas mansiones, de los apurados pasos de los criados por las escaleras de las casonas y de las suntuosas meriendas en vajillas de porcelana y plata. 

Grace, una arqueóloga retirada de 98 años, es entrevistada por Ursula, una directora de cine interesada en la historia del poeta R. S Hunter, que se suicidó en el año 1924 en el jardín de la fastuosa mansión de los Hartford. Es entonces cuando Grace, que trabajó en aquella casa como asistenta y tras años de silencio, decide contar todo lo ocurrido en aquellas cuatro paredes antes de tan nefasto suceso, dispuesta a resolver los enigmas y secretos de Riverton Manor.

Los saltos temporales se suceden a lo largo de la novela y nos ayudan a entender el pasado como una realidad infinita y desconocida, incapaz de presentarse de una manera escueta y  esclarecedora. La realidad no es plana, y es solo jugando con las perspectivas como consigues construir varias versiones alternativas, y como un rompecabezas, articulan la verdad. 

El relato no solo incluye las vivencias en primera persona de la astuta criada, sino que a través de su voz somos conocedores de los sucesos más íntimos en la vida de Hannah  Hartford y de su hermana pequeña Emmeline, acompañadas de recortes de periódicos  recopilados por Ursula y de las grabaciones a modo de diario que Grace recogía para entregárselas a su queridísimo nieto Marcus. Junto a la historia del poeta y de las hermanas  Hartford también se nos dará a conocer la intensa y sorprendente vida de Grace, que no permanecía ajena a los percances de la casa de Riverton.

Transcurre en una época convulsa en el que el modo de vida tradicional se desmoronaba, y en las que hasta entonces inamovibles clases sociales comenzaban a ligar sus vidas. Un interesante  boceto de la realidad de la época que trata de manera más profunda el cambio del papel de la mujer en la sociedad y el ansia de libertad  femenina. 

Valoración positiva merecen las descripciones de los paisajes, las estancias de Riverton o las fiestas de la clase alta, así como la realidad de la clase obrera. El perfil psicológico de las protagonistas de la historia y su evolución y camino a la madurez es parte central del desarrollo de la historia, que procura ir más allá de las líneas asumidas en la tradicional novela romántica. 

Esta es la  primera novela de la australiana Kate  Morton, que desde entonces no hace más que sumar adeptos a sus "best seller" ambientados en la  mágica Inglaterra de comienzos  del siglo XX.


Puntuación: 7/10 🌹🌹🌹🌹🌹🌹🌹



Comentarios

Publicacións populares