"Contos da Néboa" de Anxel Fole

Ánxel Fole pertence a unha xeración de escritores que tivo que facer fronte a un dos moitos "tempos escuros" que viviu Galicia ao longo da súa ampla historia. O franquismo feriu de gravidade ó noso país, pero a afouteza dos intelectuais galegos fixo sobrevivir o espírito da nosa lingua. Fole naceu nun dos frescos veráns de Lugo, aló polo ano 1903, onde durante a súa xuventude se nutriu da paixón dos poetas españois, coma Bécquer e Espronceda, e do compromiso dos autores galegos, coma Rosalía, Valle Inclán ou Curros.

As súas obras son unha fotografía da cidade de Lugo, unha biografía das súas xentes; son  un fermoso cadro das serras orientais, cos seus enormes soutos e nevados curutos. Fole plasma a lingua dos seus veciños nas follas de "Contos da Néboa" (1973), que comeza cun manifesto no que reivindica a diversidade dialectal do noso idioma e maila ligazón da nosa tradición literaria co subxénero narrativo dos contos. Alén do contido fantástico, esta novela é un reflexo da sociedade galega, onde se cúmpren os tópicos máis fermosos do noso pobo, coma o misterio que nos rodea, a saudade e a retranca. 

Na Galicia desta novela, o lector observa un país sumido nun romanticismo eterno. É imposíbel non imaxinarse as pantasmas nas corredoiras dos montes, as lamias nos ríos e regatos, ou o demo camiñando tranquilamente polas rúas de Vigo. I e que os galegos non temos medo desas cousas, vivimos con elas, aceptámolas como parte da nosa comunidade, por que no fondo o único que nos da medo é que a tradición desapareza. Pra que iso non aconteza, autores coma Ánxel Fole recollen as facetas máis características do noso folclore  pra aloumiñante coa beleza innata do país en obras coma esta, que xa é un clásico da literatura galega.

Son un total de dezaoito contos que conseguen integrarse a perfección no hábito popular de xuntarse arredor do fogar  e contar pequenas historias nos escuros e fríos meses de outono e inverno. Todos os que vivimos nesta terra sabemos de certo que os contos son a expresión literaria por excelencia, xunto as cantigas, do noso país. Fole fai uso dunha linguaxe fresca e cercana, empregando principalmente o diálogo, cunha descrición moi lixeira e visual. Consegue achegarte ao interior dos protagonistas nas poucas páxinas que lle adica a cada relato, e iso é a clave do éxito desta obra. O autor mestura a fantasía e o terror coa vida cotiá. O misterio fai acto de presenza no momento máis inesperado, cun humor retranqueiro que che sacará máis dunha gargallada. 

Inclúo, como non, a "Contos da Neboa" na miña selección de obras en galego imprescindíbeis para entender a nosa cultura, aprendendo a respetala e coidala, poñendo en valor o noso carácter e costumes. 

¡Y recordad! Podeis buscar en internet o preguntar en vuestra librería si existen traducciones al castellano, catalán, portugués, ect. de esta obra u otras que estén en gallego. Y si sois atrevidos y curiosos, no dudeis en aprender nuevas lenguas leyendo y echádle un ojo al catálogo de editoriales como Galaxia, Xerais o Urco. 

Puntuación: ⭐⭐⭐⭐⭐⭐⭐⭐⭐⭐ 9/10


Se che gustou... "Retrincos", "Un Ollo de Vidro" e "Cousas" de Castelao, "O mesón dos Ermos" e "Contos do camiño e da rúa" de Otero Pedrayo, "Do caso que lle aconteceu o Dr. Alveiros", "O lobo da xente", "A trabe de Ouro e a Trabe de alquitrán", "Leria" de Vicente Risco Si te gustó... "Leyendas" de Gustavo Adolfo Bécquer, y los muchísimos y maravillosos relatos de Allan Poe, Dickens, Pío Baroja o los autores rusos Gorki, Dostoievski o Tolstoi. 

Comentarios

  1. Hola 😃
    Que preciosidad de foto.
    Me encanta.

    Besitos desde Crucero Místico y Literario 💜

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. ¡Muchísimas gracias! Te seguimos y estaremos pendientes de tus publicaciones, encantados de compartir opiniones y experiencias contigo. Biquiños!

      Eliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares