"El diario de Ertélion. Libro 4: El otro lado" de David Gago Sampedro

GALEGO: 

(NOTA: Antes de botarlle un ollo á recensión cómpre ler a nosa opinión conxunta sobre os tres primeiros libros da saga 👌)

Adoitase dicir que para saber a verdade hai que coñecer todas as versións do acontecido, e grazas ao cuarto libro desta saga de ciencia ficción temos a sorte de contar coa información abonda sobre o ocorrido en Ertélion, i é que ás veces non todo é o que aparenta. Os Gardiáns xa nos contaron a súa versión dos feitos, agora tócalle á Nova Orde relatar os sucesos que levaron ao seu mundo á complexa situación política e social que viven. 

O autor mantén o estilo expositivo en forma de diario das anteriores entregas, mais dando un xiro brusco na liña narrativa para sorprender ao lector e inxectar un soplo de aire fresco, renovando por completo a saga. Trala intensa persecución á que foron sometidos os gardiáns, que rematan asediados, asasinados e prendidos, o diario cae en mans dos soldados da Nova Orde. Estes, nun exercicio de reflexión, debuxan unha realidade algo distinta a que nos tiñan contado os protagonistas. 

Qué move aos adeptos da Nova Orde? 

De xeito paralelo aparece na historia Socrianám, unha especie de Arca da Alianza que promete salvar a sociedade erteliana, describindo o seu nacemento, construción e establecemento dunha nova vida. Socrianám é o faro entre a mesta escuridade, pero... cumprirá o que promete? Con esta reviravolta argumental o autor saca esa espiña que nos queda cravada a moitos lectores curiosos sobre as razóns que moven aos antagonistas. Unha especie de mestura entre "Dune", "A Guerra das Galaxias" e o anime "A Arcadia da miña Xuventude", ideal para ler nestes tempos tan trémulos e incertos. 

A linguaxe segue a ser fresca e audaz, e percébese unha notable melloría na calidade da narración. É, sen lugar a dúbida, o mellor volúme desta epopeia galáctica. 


ESPAÑOL: 

(NOTA: Antes de echarle un ojo a la reseña es recomendable leer nuestra opinión conjunta sobre los tres primeros libros de la saga 👌)

Suele decirse que para saber la verdad hay que conocer todas las versiones de lo sucedido, y gracias al cuarto libro de esta saga de ciencia ficción tenemos la suerte de contar con información suficiente sobre lo ocurrido en Ertélion, y es que a veces no todo es lo que aparenta. Los Guardianes ya nos contaron su versión de los hechos, ahora le toca al Nuevo Orden relatar los sucesos que llevaron a su mundo a la compleja situación política y social que viven. 

El autor mantiene el estilo expositivo en forma de diario de las anteriores entregas, pero dando un giro brusco en la línea narrativa para sorprender al lector e inyectar un soplo de aire fresco, renovando por completo la saga. Tras la intensa persecución a la que fueron sometidos los guardianes el diario cae en manos de los soldados del Nuevo Orden. Estos, en un ejercicio de reflexión, dibujan una realidad algo distinta la que nos habían contado los protagonistas. 

¿Qué mueve a los adeptos del Nuevo Orden? 

De manera paralela aparece en la historia Socrianám, una especie de Arca de la Alianza que promete salvar la sociedad erteliana, describiendo su nacimiento, construcción y establecimiento de una nueva vida. Socrianám es el faro entre la densa oscuridad, pero... ¿cumplirá lo que promete? Con este entresijo argumental el autor saca esa espina que nos queda clavada a muchos lectores curiosos sobre las razones que mueven a los antagonistas. Una mezcla entre "Dune", "La Guerra de las Galaxias" y el anime "La  Arcadia de mi Juventud", ideal para leer en estos tiempos tan trémulos e inciertos. 

El lenguaje sigue siendo fresca y audaz, y se percibe una notable mejoría en la calidad de la narración. Es, sin lugar a duda, el mejor volúmen de esta epopeya galáctica. 


Puntuación: 7'5/10 👽👽👽👽👽👽👽

Comentarios

Publicacións populares