"Guerra Mundial Z" (World War Z) de Max Brooks.

GALEGO: 

O planeta escureceu baixo a sombra dunha epidemia mortal que levou a nosa especie ó borde da extinción, un reporteiro realiza unha viaxe arredor do mundo recollendo as testemuñas dos superviventes da pandemia. Max Brooks, fillo da estrela do cine Anne Bancroft e do director Mel Brooks, realiza unha apaixoante descrición da humanidade durante a apocalipse e trala vitoria da raza humana sobre a horda de mortos viventes nesta obra que cambiou para sempre o xénero zombie na literatura. 

Trátase dunha novela de terror cunha linguaxe mordaz e chea de crítica social, con descricións crúas e unha narración rápida e fresca. Brooks elabora unha crónica xornalística cun relato extraordinariamente verosímil, aberto a un maior abano de público alén do xénero do terror. É unha evolución do que xa nos tiña ofertado George A. Romero na súa obra, engadindo unha perspectiva distinta en canto a universalización do relato e o tratamento do fenómeno zombie cun punto de vista máis científico e menos gore, a pesar da dureza das testemuñas que nos topamos nesta suposta crónica do fin do mundo. Sae dos Estados Unidos e permítenos observar o fenómenos a través doutras culturas, unha guía de viaxes arrepiante, un estudo antropolóxico inusual. 

Guerra Mundial Z comeza no xerme da desgraza, remata coa esperanza da raza humana nun horizonte incerto e cheo de perigos tras escenarios cheos de acción, desesperación e incluso do máis puro amor. Tráfico de persoas, extremismo relixioso, réximes ditatoriais, solidariedade; a Brooks non lle son suficientes os banquetes de carne humana e ós momentos de pánico, introdúcese no maxín da nosa sociedade e transmite as reaccións e contruccións sociais que xorden no caos que ocasiona a pandemia, todo isto producto dos instintos más primarios, todo isto para sobrevivir.

ESPAÑOL:

El planeta se oscureció bajo la sombra de una epidemia mortal que llevó a nuestra especie al borde de la extinción, un reportero realiza un viaje alrededor del mundo recogiendo las testigos de los  superviventes de la pandemia. Max  Brooks, hijo de la estrella del cine Anne Bancroft y del director Mel  Brooks, realiza una apasionante descripción de la humanidad durante el apocalipsis y tras la victoria de la raza humana sobre la  horda de muertos vivientes en esta obra que cambió para siempre  el género  zombie en la literatura. 

Se trata de una novela de terror con un lenguaje mordaz y llena de crítica social, con descripciones crudas y una narración rápida y fresca.  Brooks elabora una crónica periodística con un relato extraordinariamente  verosímil, abierto a un mayor abanico de público mas allá del género del terror. Es una evolución de lo que ya nos había ofertado George A. Romero en su obra, añadiendo una perspectiva distinta en cuanto a universalización del relato y el tratamiento del fenómeno  zombie con un punto de vista más científico y menos  gore a pesar de la dureza de los testimonios que nos encontramos en esta supuesta crónica del fin del mundo. Sale de los Estados Unidos y nos permite observar el fenómenos a través de otras culturas, una guía de viajes espantoso, un estudio antropológico inusual. 

Guerra Mundial  Z comienza en el germen de la desgracia, finaliza con la esperanza de la raza humana con un horizonte incierto y lleno de peligros tras escenarios llenos de acción, desesperación e incluso del más puro amor. Tráfico de personas, extremismo religioso, regímenes dictatoriales, solidaridad; a Brooks no le son suficientes los banquetes de carne humana y los momentos de pánico, se introduce en el pensamiento de nuestra sociedad y transmite las reacciones y  contruccións sociales que surgen en el caos que ocasiona la pandemia, todo esto  producto de los instintos  más primarios, todo esto para sobrevivir. 

Comentarios

Publicacións populares