"Los Puentes de Madison County" (The Bridges of Madison County) de Robert James Waller

ESPAÑOL:

Hace tres meses compré en una tienda de segunda mano de Salvaterra dos libros de un género del que suelo huir despavorido, la novela romántica. Pero, ¿Quién podía resistirse a dos historias que transformaron el concepto que la sociedad tiene del amor a través de las palabras y los gestos de Meryl Streep en sus adaptaciones a la gran pantalla? Así es, en nuestra biblioteca lucirán desde ahora Memorias de África y Los puentes de Madison County, y en esta temporada de flores, lluvias (y nieve) me atreví a abrir la última de las obras citadas y a sumergirme, valientemente, en sus páginas.
Robert James Waller nos agasaja con una historia de pasión y dolor, en la que dos individuos maduros rompen las barreras del puritanismo yanqui en los años 70 del siglo pasado. La primera vez que supe de la existencia de uno de estos centenarios puentes de madera cubiertos que bautizan a esta historia fue en una película del icónico Tim Burton, en la que un montaraz sin cabeza partía por la mitad a un jovenzuelo de Sleepy Hollow. La historia de Francesca y Robert no llega a ser tan intensa, ya que por suerte para ellos no hay tanta sangre de por medio, pero consigue helarte la sangre de la misma manera que el ingenioso maestro de Burbank. En ocasiones el amor es tan terrible como el miedo a lo desconocido, y este es uno de estos casos en los que ese sentimiento incontrolable genera temor y descontrol. Francesca se siente incompleta, presa en un pueblo en medio de un desierto de hierba. Una ama de casa que esperaba una vida llena de aventuras cuando hacía frente a la Segunda Guerra Mundial en su villa natal de la soleada Italia, y que años después no siente mas que las pesadas cadenas de su familia, a la que en cambio, quiere con locura. Robert, el fotógrafo intrépido de National Geographic, el bohemio, necesita a alguien. En su casa del estado de Washington observa con melancolía los recuerdos del pasado, a su ex mujer y a su música, ahora se enfrenta a un mundo hostíl completamente solo. Estas dos almas se encuentran en el lugar más inesperado, sellando su amor en esos monumentos de madera que atraviesan los ríos de Norteamerica y en una mesa de formica amarilla, acompañados de brandy y un paquete de Camel. Es una historia que habla de la soledad y la frustración a través de la historia de amor de los protagonistas, también del sentido de la responsabilidad que marca el camino que conduce al desenlace del idilio de Francesca y Robert, que impiden que el amor actúe sobre ellos de manera descontrolada, manejando la situación con maestría, fruto de la expericia. Cuanta pasión y cuanto dolor desprende esta historia desde sus primeras páginas, una novela cargada de erotismo con un lenguaje elegante y hermoso. Una obra transgresora, a tener en cuenta para los que, como a mí, esta estación del año los llene de melancolía. Que a todas y a todos nos embargue el amor todos los días de nuestras vidas. ¡Yo tengo mucha suerte!

GALEGO: 

Xa van tres meses dende que merquei nunha tenda de segunda man de Salvaterra dous libros dun xénero do que adoito fuxir, a novela romántica. Pero, quen podía resistirse a dúas historias que transformaron o concepto que a sociedade ten do amor a través das verbas e os xestos de Meryl Streep na gran pantalla? Así é, na nosa estantería locerán a partir de agora Memorias de África e As pontes de Madison County, e nesta tempada de flores, choivas (e neve) atrevinme a abrir esta última e a navegar nas súas páxinas.

Robert James Waller agasállanos cunha historia de paixón e dor, na que dous individuos maduros rachan as barreiras do puritanismo ianqui aló polos anos 70 do século pasado. A primeira vez que ouvin falar dunha destas pontes de madeira cubertas que lle dan título a esta historia foi nun filme do icónico Tim Burton, na que un singular xinete sen cachola partía a metade a un rapazolo de Sleepy Hollow. A historia de Francesca e Robert non chega a ser tan intensa, xa que por sorte para os nosos protagonistas non hai tanta sangue polo medio, pero consegue xearche a sangue da mesma maneira que o inxenio do mestre de Burbank. Nalgunhas ocasións o amor, ese sentimento froito do descontrol, produce tanto temor coma o descoñecido. Francesca séntese incompleta, presa nun pobo no medio dun deserto de herba. Unha dona do seu fogar que agardaba unha vida chea de aventuras cando facía fronte a Segunda Guerra Mundial na súa vila natal da solleira Italia, e que agora non sinte máis que as pesadas cadeas da súa familia, a que irónicamente, quere con loucura. Robert tamén está só, o fotógrafo intrépido da National Geographic, o bohemio, precisa a alguén. Na súa vivenda do estado de Washington viaxa o pasado, a música de anos atrás, a imaxe da súa ex muller, as caras de alén do océano. Estas dúas almas tópanse no lugar máis inesperado, selando o seu amor neses monumentos de madeira que atravesan os ríos de Norteamerica, e nunha mesa de formica amarela, acompañados de coñac e un paquete de Camel. 

É unha historia que fala da soidade e  da frustración a través da  historia de amor dos protagonistas, tamén do sentido da responsabilidade que marca o camiño ó desenlace do idilio de Francesca e Robert, que impiden que o amor actúe sobre eles de maneira descontrolada, manexando a situación de xeito soberbio, fruto da experiencia. Canta paixón e canta dor desprende esta historia dende as súas primeiras páxinas, unha novela de amor cargada de erotismo cunha linguaxe elegante e fermosa.Unha obra transgresora a ter en conta polos que, coma a min, esta estación do ano os encha de saudade. 

Que a todas e a todos nos desborde o amor todos os días das nosas vidas. Eu teño moita sorte!

Puntuación: 7/10 ⭐⭐⭐⭐⭐⭐⭐
🎬Recomendación cinéfila: The Bridges of Madison County (1995) Protagonizada por Clint Eastwood y Meryl Streep
📕 Recomendación bibliófila:  Seda, de Alessandro Barico. Memorias de África, de Isak Dinesen. Tango en el Paraíso, de R. James Waller. 

Comentarios

Publicacións populares