"Apocalipse Z" A triloxía de Manel Loureiro

Galego: 

No afastado país de Daxestán permanece adormecido nun laboratorio soviético un pequeno e mortal ser vivo, liberado pola estupidez humana, e que estenderá unha noite eterna por todo o planeta. Un novo e atractivo avogado pontevedrés observa sen fala como Europa enteira esmorece, mira estupefacto coma o caos se fai coa pequena cidade na que vive. Manel deixa tranquilidade dos xulgados polas rúas en ruinas, nunha loita sen cuartel pola supervivencia. "Apocalipse Z" (O comezo do fin, Os días escuros, A ira dos xustos) é unha triloxía na que un grupo de persoas de diversos orixes, idades e profesións, entre os que se atopa un inquedo felino, deberán cruzar medio mundo pra topar de novo a tranquilidade e asegurar un futuro pra humanidade. 

Manel Loureiro é un autor galego de literatura de ciencia ficción e terror. A sua obra encádrase entre a literatura xuvenil e a adulta, con novelas cunha linguaxe fresca e unha trama chea de acción. O éxito acadado con esta saga de horror zombie fíxoo moi popular entre os lectores máis novos, conseguindo coarse na lista de autores máis coñecidos do mercado literario galego e español. Manel recupera a tradición do morto vivente propio da cultura pop, moldeado polo ilustre George A. Romero, engadíndolle a mordazidade e a retranca propia dos galegos, así como unha forte crítica social, na liña doutras obras do xénero, coma "Guerra Mundial Z", de Max Brooks. Como novidade Galicia ou as Canarias serán desta volta o escenario do holocausto zombie, cunha descrición minuciosa dos escenarios que che arrepiará o corpo. Aínda que Estados Unidos sexa a súa difusora, a imaxe do zombie moderno ten a sua orixe en Galicia, xa que o seu creador, George A. Romero (sí, tamén é paisano), inspirouse na lenda galega da procesión de mortos chamada Santa Compaña, mesturada coas crenzas vudú caribeñas, para darlle forma as hordas de mortos viventes que aillan a uns descoñecidos nunha casa de campo dos Estados Unidos, aló polo anos 60 no seu filme "A noite dos mortos viventes" (1968), devorando todo o que topan no seu camiño. 

A lingua galega precisa unha pilula revitalizadora para sobrevivir, e nos últimos anos a literatura de terror e ciencia ficción, ao carón de editoriais que apostan por elas, conseguen namorar ó lector con historias arrepiantes acontecidas en Galicia, non só recuperando o gran imaxinario fantástico do noso país, se non que engaden tamén novos seres e pesadelos ás corredoiras, ós bosques e as nosas cidades e vilas. Galicia é terra meiga, pero tamén caníbal! 

Longa vida a lingua galega, longa vida ó xénero de terror, e longuísima vida á literatura. Feliz día das letras galegas, queridiñas. Mil grazas María Victoria Moreno, a ti tamén Manel.

Español:

En el lejano país de Dagestán permanece adormilado en un laboratorio soviético un pequeño y mortal ser vivo, liberado por la estupidez humana, y que extenderá una noche eterna por todo el planeta. Un  joven abogado pontevedrés observa sin habla como Europa entera desfallece, y mira expectante como el caos se apodera de la pequeña ciudad en la que vive. Manel abandona la tranquilidad de los juzgados por las calles en  ruinas, en una lucha sin cuartel por la supervivencia. "Apocalipsis  Z" (El principio del fin, Los días oscuros, La ira de los justos) es una trilogía en la que un grupo de personas de diversos orígenes, edades y profesiones, entre los que se encuentra un inquieto felino, deberán cruzar medio mundo para encontrar de nuevo la tranquilidad y asegurar un futuro para la humanidad. 

Manel Loureiro es un autor gallego de literatura de ciencia ficción y terror. Su obra se encuentra entre la literatura juvenil y la adulta, con novelas que contienen un lenguaje fresco y una trama llena de acción. El éxito conseguido con esta saga de horror  zombie  lo hizo muy popular entre los lectores más jóvenes, consiguiendo colarse en la lista de autores más conocidos del mercado literario gallego y español. Manel recupera la tradición del muerto viviente propio de la cultura pop, moldeado por el ilustre George A.  Romero, añadiéndole la  mordazidade y la ironía propia del pueblo gallego, así como una fuerte crítica social, en la línea de otras obras del género, como "Guerra Mundial  Z", de Max  Brooks. Como novedad Galicia o las Canarias serán en esta ocasión el escenario del holocausto  zombie, con una  descripción minuciosa de los escenarios que te horrorizará. Aunque Estados Unidos sea su  difusora, la imagen del  zombie moderno tiene su origen en Galicia, ya que su creador, George A.  Romero, se inspiró en la leyenda gallega de la procesión de muertos llamada Santa Compaña, mezclada con las creencias vudú caribeñas, para darle forma las  hordas de muertos vivientes que aíslan a unos desconocidos en una casa de campo de los Estados Unidos, allá por el años 60 en su film "La noche de los muertos vivientes", devorando todo lo que encuentran en su camino. 

La lengua gallega necesita una píldora revitalizadora para sobrevivir, y en los últimos años la literatura de terror y ciencia ficción, junto a las editoriales que apuestan por ellas, consiguen enamorar al lector con historias que horrorizan en nuestra tierra, no sólo recuperando el gran imaginario fantástico de nuestro país, si no que añaden también nuevos seres y pesadillas , a nuestros bosques y a nuestras ciudades y villas. Galicia es tierra meiga, pero también caníbal! 

Larga vida a lengua gallega, larga vida al género de terror, y  larguísima vida a la literatura. Feliz día de las letras gallegas, queridiñas. Mil gracias María Victoria Moreno, a ti también Manel.

Puntuación: 7'5/10 💀💀💀💀💀💀💀

Recomendacións cinéfilas: "Dawn of the dead" (1978) (2004), "Shawn of the dead" (2004), "Night of the living dead" (1968), "Zombieland" (2009), "Land of the dead" (2005), "World War Z" (2013), "Resident Evil Saga". 

Comentarios

Publicacións populares