"O mundo perdido" (The Last World) de Arthur Conan Doyle

GALEGO:

En 1912, cando o impetuoso e apaixonante século XX comezaba a súa andadura, no noso planeta aínda existían numerosos lugares descoñecidos nos que xamais deixara a súa pegada o home. Non obstante, dende finais do século XIX viña tendo lugar un renovado interese polos descubrimentos científicos, xeolóxicos, xeográficos, botánicos, etc. que supoñían un campo enormemente fértil para o desenvolvemento da literatura de ciencia ficción, de aventuras e de fantasía; cada unha por separado ou todas xuntas nunha mesma obra. Tras experiencias ben coñecidas neste campo, por parte de escritores da talla de Jules Verne, Edgar Allan Poe, Rudyar Kipling e outros tantos con méritos sobrados para seren nomeados nesta miña humilde recensión, aínda que omitidos por falta de espacio; chega en 1912 a que para min supón o cumio sublime do xénero citado: “The lost world”, “O mundo perdido”, de Arthur Conan Doyle.

Si ben o escritor escocés se fixo mundialmente coñecido (ás veces moi ao seu pesar) polas aventuras do seu famoso detective Shelrock Holmes, é no xénero da ciencia ficción-fantasía-aventuras no que, ao meu modo de ver, desprega toda a súa agudeza e xenialidade literaria, considerando esta obra de calidade moi superior a outras de Sir Arhur.

En realidade, aínda que ás veces de descoñecemento xeral, “O mundo perdido” é a primeira parte dunha serie de novelas curtas e relatos, cinco en total, protagonizadas polo profesor Challenger, si ben ningunha delas acadou a notoriedade da que aquí estamos a tratar.

O argumento é sinxelo: un polémico profesor de zooloxía revela a existencia dun mundo perdido no medio da selva amazónica que evolucionou durante millóns de anos de forma illada do resto do mundo coñecido. De tal forma que a súa flora e fauna desenvolvéronse ao marxe das coñecidas pola ciencia nun proceso evolutivo autosuficiente. Baixo esta premisa o lector introdúcese nunha viaxe fascinante na que transitará polo embeleso, o temor, a indignación, e en definitiva a fascinación de estar descubrindo o descoñecido. O autor é perfectamente capaz de inserirnos na atmosfera da novela como un personaxe máis da expedición, tanto polo amplo desenvolvemento entre as relacións entre protagonistas de tan diferente personalidade, como polas minuciosas descricións, como polo interese en facer verosímil o irreal e fantástico a través dun certo dominio da linguaxe científica, zoolóxica, botánica, antropolóxica, etc.

Para os que, coma min, son fans da literatura e o cine de dinosauros, atopamos nesta obra o seu clarísimo precedente, polo que, ademáis da súa consideración como clásico da literatura, non podemos deixar de introducirnos na súa lectura.

ESPAÑOL: 


En 1912, cuando el  impetuoso y apasionante siglo  XX comenzaba su  andadura, en nuestro planeta todavía existían numerosos lugares desconocidos en los que el ser humano no había dejado aún su huella. No obstante, desde finales del siglo XIX existía un renovado interés por los descubrimientos científicos, geológicos, geográficos, botánicos, etc. que suponían un campo enormemente fértil para el desarrollo de la literatura de ciencia ficción, de aventuras y de fantasía; cada una por separado o todas juntas en una misma obra. Tras experiencias bien conocidas en este campo, por parte de escritores de la talla de  Jules Verne, Edgar Allan Poe,  Rudyar Kipling y otros tantos con méritos abundantes como para ser nombrados en esta mi humilde reseña, aunque  omitidos por falta de  espacio; llega en 1912 la que para mí supone la cumbre del género citado: “The  Lost  World”, (“El mundo perdido”), de Arthur  Conan  Doyle.

Sí bien el escritor escocés se hizo mundialmente conocido (a veces muy a su pesar) por las aventuras del famoso detective  Shelrock Holmes, es en el género de la ciencia ficción-fantasía-aventuras en el que, a mi modo de ver, despliega toda su agudeza y genialidad literaria, considerando esta obra de calidad muy superior a otras de Sir Arhur.

En realidad, aunque a veces de desconocimiento general, “El mundo perdido” es la primera parte de una serie de novelas cortas y relatos, cinco en total, protagonizadas por el profesor  Challenger, sí bien ninguna de ellas consiguió la notoriedad de la que aquí estamos tratando.

El argumento es sencillo: un polémico profesor de zoología revela la existencia de un mundo perdido en medio de la selva amazónica que evolucionó durante millones de años de forma aislada del resto del mundo conocido. De esta manera, se evidencia que su flora y fauna se desarrollaron al margen de las conocidas por la ciencia, en un proceso evolutivo autosuficiente. Bajo esta premisa el lector se introduce en un viaje fascinante en la que transitará por el  embeleso, el temor, la indignación, y en definitiva la fascinación de estar descubriendo lo desconocido. El autor es perfectamente capaz de insertarnos en la atmósfera de la novela como un personaje más de la expedición, tanto por el amplio desarrollo entre las relaciones de protagonistas de tan diferente personalidad, así como por las minuciosas descripciones o por el interés en hacer  verosímil el irreal y fantástico a través de un cierto dominio del lenguaje científico, en diversos campos como la zoología, la botánica o la antropología.

Para los que, como yo, son  seguidores de la literatura y el cine de dinosaurios, encontramos en esta obra su clarísimo precedente, por lo que, además de su consideración como clásico de la literatura, no podemos dejar de introducirnos en su lectura.

Puntuación: 7 de 10  🦎 🦎 🦎 🦎 🦎 🦎 🦎 


➡️Recomendaciones cinéfilas: Temos unhas cantas adaptacións ao cine desta novela, algunas con máis fortuna ca outras: a primeira delas é "O mundo perdido"(1925), de Harry Hoyt; en 1960, 1992 e 1998 novas adaptacións cinematográficas co mesmo título e pouco reseñables; en 2001 aparecen unha miniserie e unha serie cos títulos "The lost world (2001)" e "Sir Arthur Conan Doyle's The Lost World" respectivamente. Non podemos esquecer tampouco a saga "Jurassic Park", de Steven Spielberg, que si ben ten pouco que ver coa novela, esta inspirada no mundo creado por Sir Arthur Conan Doyle.

Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares